- 618152113
- serxio:bg@gmail.com
Obradoiro gratuíto e virtual a través de Zoom.
Sábado 17 de abril de 2021, de 10:30 a 13:30.
Inscrición no correo dendeacocinha@gmail.com (prazas limitadas).
Impartido pola etnomusicóloga Xulia Feixoo.
Este obradoiro é aberto a calquera persoa, non é preciso ser dos concellos de Touro ou do Pino.
O obradoiro de “Recolla de patrimonio musical” vai dirixido a todas aquelas persoas interesadas na nosa música tradicional, con independencia da súa
experiencia previa na recolla de campo e o seu nivel de coñecemento de aspectos teóricos e prácticos do noso patrimonio inmaterial.
Se queres colaborar co proxecto Dende a cociña facendo recollas nos nosos concellos este é un bo punto de partida para ter unhas orientacións básicas á hora de facer un traballo deste tipo.
Xulia Feixoo (Vigo, 1987). É a primeira etnomusicóloga titulada da Galiza (Vigo, 2016), titulada no Mestrado do Profesorado de Educación Secundaria (Pontevedra, 2018), licenciada en Historia da Arte na especialidade de Historia da Música (Compostela, 2010) e titulada profesional en Percusión (Vigo, 2010).
A súa actividade investigadora céntrase no estudo e divulgación das músicas de tradición oral de Galiza, sobre as que ten publicado os libros Maruxa das Cortellas. Tocadora do pandeiro… (2017) e Mulleres de Gargamala! Cantares de tradición oral (2017), ambos na colección A Chave Mestra, da editorial A Central Folque. Dende setembro do 2019 forma parte da equipa de asesoras do Arquivo sonoro de Galicia, do Consello da Cultura Galega.