
As recollas de patrimonio cultural e as súas formas de preservación e divulgación
Data: sábado 10 de abril de 2021, de 11:00 a 12.30.
Plataforma: Zoom (enviarase ligazón para acceder) e retransmisión en Facebook.
Inscricións no correo dendeacocinha@gmail.com
Nesta mesa redonda, por medio dunha conversa con diferentes persoas e representantes de institucións, achegarémonos ao mundo das recollas do patrimonio cultural. Preguntarémoslle polos seus comezos neste mundo, polas recomendacións á hora de facer unha boa recolla dende un punto de vista científico, técnico e tamén humano. Falaremos de medios de difusión do patrimonio, dos arquivos abertos que existentes e de como se pode divulgar todo este patrimonio recollido a nivel escolar e a nivel social. Tamén trataremos a problemática de realizar recollas neste contexto de pandemia, das alternativas de usos que se lle dan habitualmente ás recollas (privado/público), entre outras moitas cousas. Tamén haberá oportunidade para que as persoas asistentes interactúen cos participantes e lles formulen as súas preguntas. Aproveitade esta ocasión para ter un debate pausado sobre todo o que rodea ás recollas de patrimonio cultural.
Participantes
- Concha Losada, Museo do Pobo Galego.
- Héctor Rodríguez, Asociación Raiceiros de Vedra.
- Santiago Veloso, Asociación Ponte nas Ondas.
- Xulia Feixóo, percusionista e etnomusicóloga.
- Marcos Botana, mestre de baile e músico.