proxectos

Inicio
proxectos

Para arrancar o proxecto Dende a cociña faremos unha proxección virtual do documental Dorothé na vila. Esté é un traballo de Olaia Tubío, Rubén Gasalla e Alejandro Gándara que a través deste xénero achéganse ás testemuñas que visitou a etnomusicóloga suíza Dorothé Schubarth nos anos oitenta para elaborar o Cancioneiro popular galego. Este cancioneiro pode visitarse na páxina web http://cancioneiro.fundacionbarrie.org/ onde se pode acceder ás letras e partituras de todas as cantigas recollidas.

Grazas ao proxecto Dende a cociña poderás ver de forma gratuíta este documental, nominado aos Premios Mestre Mateo 2021 na categoría de documental, dende a comodidade da túa casa.

Proxección do documental “Dorothé na vila”

Cando?

Sábado 10 de abril de 20.00 a 01.00.

Onde?

Dende onde ti queiras, poderás velo na páxina web Vimeo.

Como?

A través dunha ligazón que che enviaremos e que só funcionará durante un tempo limitado. Será preciso enviar un correo ao enderezo dendeacocinha@gmail.com para inscribirse.