
“Dende a cociña” é un proxecto de recolla e divulgación de patrimonio inmaterial nos concellos de Touro e O Pino, dous municipios da comarca de Arzúa.
Obxectivos
Recolla de patrimonio inmaterial nos concellos de Touro e O Pino.
É escaso o material que podemos atopar de recollas nestes concellos, podendo darse incluso o caso de que exista, pero que este non sexa público.
Publicación e divulgación do material recollido
No arquivo do APOI, na web e redes sociais e en formato libro, para que as persoas da nosa contorna coñezan e manteñan vivo este legado.
Implicar á sociedade na investigación e conservación do patrimonio
Nestes tempos de pandemia propoñemos facer unhas recollas colaborativas. Traballamos cos colexios, implicando ao alumnado e profesorado, e solicitamos a colaboración da poboación en xeral. Así é unha maneira de chegar a todos os recunchos dunha maneira efectiva e segura para os nosos maiores.
Actividades
Mesa redonda virtual
“As recollas de patrimonio cultural e as súas formas de preservación divulgación”
Sábado 10 de abril de 2021
Documental “Dorothé na vila”
Pase virtual do documental, gratuíto e previa inscrición por email.
Sábado 10 de abril de 2021
Recollas colaborativas
Recepción do material recollido no correo dendeacocinha@gmail.com (abril – setembro)

Divulgación e arquivo do material recollido
Envío ao APOI, arquivado, divulgación en redes socias, publicación dun libro. (abril – decembro)

Máis información
Para información máis detallada sobro o proxecto, inscricións, ou consultar como colaborar podes ler as seguintes publicacións do blogue ou enviarnos un correo a dendeacocinha@gmail.com ou contactarnos a través das seguintes redes sociais