Entrada: Clases de guitarra

Inicio
Blogue
Nova

Queres aprender a tocar a guitarra (clásica, eléctrica ou acústica)? Pois xa non tes escusa! Dende abril teremos esta actividade na Pinguela!

Da man de Yas, profesora ferrolá con formación no conservatorio, poderás introducirte no mundo das cordas (non todo vai ser gaitas e pandeiretas!) Ela é unha mestra nova pero trae experiencia docente e moitas ganas de ensinar.

Para obter máis información contacta con ela no teléfono do cartaz. As clases serán en Bama (previsiblemente nas tardes do luns ou venres) e poderán ser individuais ou en grupos pequeniños.