Entrada: Cantar do cego de Andrade

Inicio
Blogue
Nova

As feiras eran todo un acontecemento na sociedade rural galega e non é de estrañar que nelas ocorresen feitos que os cegos, tan ávidos de historias que cantar para gañar o pan, atopasen inspiración nelas.

Nesta publicación compartimos un cantar do cego de Andrade que cantaba o seu “herdeiro” o maestro Moreira de Cardeiro (Boimorto). Narra a historia que lle aconteceu a Tanancio, un home algo borrachón, que foi á feira de Mezonzo (Vilasantar) tal día coma hoxe, un dezasete de xaneiro pero sabe deus fai cantos anos. No mapa poderedes ver os lugares dos feitos, que aparecen mencionados no cantar.

Esta é unha gravación feita a unha veciña de Bama (Touro) nada en Arzúa, parroquia próxima ao lugar dos feitos, cuxo nome non compartimos xa que ela prefire manterse no anonimato. Ela aprendeu este cantar dunha tía súa nada no ano 1900.

Contábanos ela esta mesma mañá, entre risas, como andaría hoxe Tanacio sen zocas e descalzo por Bama, coa xeada que caeu.